As patacas da semente

O noso é o país das patacas bravas, amarelas, brancas, de Víctor, de Kennebec e moitas outras que dan moi ben para cocer e comer, como nos gusta comer a nós, aos que somos de terras de patacas fariñentas e de secaño, de patacas ricas e saborosas de Coristanco, de carballo ou da Limia, sexan ou non de regadío, sempre boas para cocer, para fritir, para o forno de leña, para asar e para requentar. Con ovos fritos, con liscos, pemento e cebola, son o mellor do mellor. As galegas son de carne branca, de pel amarela e delgada, de ollos abertos e de gusto exquisito.


Aínda así, recoñecendo a súa valía, cómpre atención ás medidas fitosanitarias, recoñecendo que en Galicia hai zonas infestadas pola couza guatemalteca da pataca e por outras pestes que non as deixan medrar. A administración, nestes casos, obriga aos labregos a “comunicar inmediatamente, despois da sementeira, todas as parcelas cultivadas con pataca. Moitas ou poucas?


Non se sabe. Son as que son, dende unha mirada son moitísimas e, dende outro ángulo, vense menos. Os datos do Ministerio (de tódolos Ministerios) son contundentes, apuntan á obrigatoriedade de coidar os produtos de consumo, sabendo que o da pataca vai en aumento. Ao parecer, no Estado Español, cómense patacas en abundancia, cultívanse e expórtanse, frítense e conxélanse.


Ao entrar nesta era da tecnoloxía, do coñecemento inmediato, do saber ou sen saber nada, encontraremos leiras enormes de patacas sementadas e con sistemas informáticos controladas. 


Controladas as patacas e a súa produción, para erradicar inmediatamente as que non dan nada ou as que dan menos.


Os espertos, axudados pola tecnoloxía, prepararán a semente, a terra e o esterco, farán os regos longos e perfectamente aliñados, debuxarán a leira enteira coas patacas nacidas, daranlle á tecla coa man ou coa voz, sementarán as patacas, que enseguida agrelarán, para seguir medrando, ao gusto do consumidor.

A Tía Manuela, encantada, está contenta de saber que o arado romano segue sendo moi útil para a poesía e de que as patacas poden dar boa colleita, sen que as mans do produtor rasquen a terra. Aí está o presente, poden nacer, medrar e cocer, sen patacas de semente, sen leira, sen labrego e sen tempo. O señor Nazario da Morandeira, se vira tanta tecnoloxía, morrería de súpeto. 

As patacas da semente

Te puede interesar