Un novo informe da Oficina Meteorolóxica Mundial conclúe, que hai un 40% de posibilidades de que a temperatura global ascenda nos próximos 5 anos entre 0.9º-1.9º. É indubidábel que o impacto que as nosas sociedades de consumo xeraron no planeta, trouxo estas consecuencias. Puxémos tal presión sobre os ecosistemas, que estes atópanse co seu equilibrio bastante deteriorado.
Máis parece que os nosos gobernantes seguen a priorizar as ganancias dos que son responsábeis únicos desta desfeita, as grandes multinacionais sobre todo as da enerxía , en vez de protexer e repoñer a saúde do planeta, a saúde dos seres vivos que nel habitan. E digo isto xa que, o fin do modelo intensivo Carbón- Petróleo, vai ser substituído, por un modelo intensivo Eólica-Solar, con todo o dano que suporá para a biodiversidade. Diferentes organizacións están a avisar, de que a minería vai aumentar de acá ao 2050, en perto dun 50%, a cal vai ser na súa maioría a ceo aberto, da que Galiza vai ser obxecto de desexo, por parte destas empresas mineiras. O próximo ataque das multinacionais contra o medio ambiente, será a minería submarina, con todos os riscos que isto supón, xa que os fondos mariños apenas están estudados e non sabemos como funcionan estes ecosistemas, nin como interactúan co resto do planeta. E todo isto vai ser, para conseguir minerais, para satisfacer o modelo intensivo das enerxías renovábeis, xunto coa electrificación das nosas sociedades. Está claro, que non podemos seguir consumindo enerxía, como fixemos estes derradeiros 70 anos, en base ao modelo intensivo do Carbón e do Petróleo. Temos que reducir o consumo drasticamente e desenvolver un modelo extensivo da Eólica-Solar, senón queremos seguir depredando de xeito tan intenso o planeta.
Xa para rematar, Galiza vai ser obxecto unha vez máis, desta depredación medio ambiental, por parte do Estado (PSOE-UP) e a Xunta do PP. Este sábado, máis de 150 colectivos, xunto con unha parte importante da cidadanía, dixeron alto e claro “Eólica sí mais non así”. Un plan eólico que vai arrasar os nosos ecosistemas, para producir electricidade, a cal exportarase en case toda a súa totalidade, xunto con todo-los beneficios económicos.
Alguén da comarca pode pensar, que o mega-parque eólico que quérese construír nos montes de Ferrol, a enerxía que vai producir, vai ser usada pola nosa comunidade? E os beneficios? a excepción das migallas.
Máis nos con certeza, quedaremos coas terríbeis consecuencias no noso medio ambiente, na nosa natureza, destes proxectos.