O que move o mundo

Vivimos desde fai tempo nunhas sociedades totalmente superficiais, na que os cidadáns estamos mais preocupados de que Mesi ou Ronaldo marquen goles, do que verdadeiramente é importante como sociedade. Non nos escandalizamos se os futbolistas gañan millons, mais si as nosas investigadoras están nas universidades cobrando apenas 800 ou as nosas mestras atópanse en condicións laborais precarias, apenas prestamos atención a nova e seguimos tomando o café, como se non fose connosco. Houbo unha etapa da historia da humanidade, na que ante a pregunta de porque pasa isto, a resposta era porque Dios o quer. Despois pasamos a outra etapa, na que ante a mesma pregunta a resposta era porque o fillo de Dios o quer; fillo que por norma era un rei ou mandatario. Despois a ciencia confundeuse co esoterismo ou a maxia, para chegar a etapa pre-científica, que deu paso ao momento que estamos agora, na que usase o pensamento científico. E conto isto, porque desde sempre ao poder, nunca gustoulle que as cidadás estivesen educadas.

É indubidábel que unha sociedade que ten as súas mestras contentos, é dicir, con unha situación laboral adecuada, con uns ratios de alumnas adecuadas e con un recoñecemento por parte da sociedade ao seu inmenso traballo, con certeza que as profesionais que salgan dos diferentes ensinos, sairán mellor preparadas. O mesmo pasa coas nosas científicas co cal, por un lado teremos profesionais máis capacitadas e un país desenvolvido tecnoloxicamente, o que con leva a unha sociedade máis avanzada e cunha cidadanía cun maior nível cultural, cun maior nível de vida.

Porque o que move o mundo, mellorándonos como individuos, mellorándonos como colectivo que conforma as sociedades é a ciencia e a educación Porque unha sen a outra non poden existir, non poden desenvolverse. Por iso o que pide o BNG, de que hai que duplicar o investimento en ciencia e chegar ao 2,5% do PIB, que é a media europea en inversión en ciencia, é fulcral.

Os imaxinades se na Galiza tivésemos desenvolvido unha vacina propia contra a Covid-19? Cantos beneficios económicos aportaría ao conxunto do país.

O que move o mundo

Te puede interesar