aia lío que se formou coa sentenza da xuíza aquela que estableceu que, a Galicia profunda é peor lugar que Marbella para criar a un pequeno. Mais a cuestión é que, posiblemente a señora maxistrada teña algo de razón e non serei eu, desde a miña ignorancia, quen decida se a ten ou non. Nembargante, haberá que ter en conta a variedade de circunstancias que inciden na educación dun menor, neno ou nena e que, poden ter máis influenza que a “profundidade” do país no que medra. En calquera caso, a profundidade dos sentimentos relixiosos, do respecto aos maiores, do apego ás tradicións e do amor á propia terra, semella que, a xuízo da señora en cuestión, serían aspectos negativos da educación nesa “profundidade”. O que si parece, a primeira vista é que, se pode ter un coñecemento amplo e profundo das leis e, non ter a menor idea do que eses sentimentos significan para aquelas persoas, que viven nunha comuñón constante coa natureza e os seus antepasados. É de lamentar a falta de “profundidade” dunha persoa que ten a enorme responsabilidade de repartir xustiza. Coido que lle viría ben un curso de submarinismo ou unha pequena tempada de viaxe coa “Santa Compaña”. Cantas cousas podería aprender, non si?