As correas

Anosa linguaxe esta chea de frases que con poucas palabras resumen un significado concreto. Lembro que unha desas era empregada con frecuencia pola miña nai para indicar que habería consecuencias para calquera trasnada que alguén fixera. Era como o anuncio dun castigo: “Do cu che sairán as correas”, dicía. Nunca entendín moi ben o que eran esas “correas”, pero o que si tiña claro é que dalgún xeito habería castigo para o “trasno”. Isto veume aos miolos por mor da teima dos “negacionistas” da pandemia e dos “antivacunas”. Porque non se entende que alguén, no seu san xuízo poda negar algo tan real como é o grave andazo que está a padecer todo o mundo, ou a necesidade imperiosa de recorrer ás vacunas, a non ser que se trate de xente zurda de mentalidade e afeita a levar a contraria, como o político aquel que dicía: “Trátese do que se trate, eu me opoño”. Coido que iso é o que lles diría a miña pobre nai a eses recalcitrantes “pa-contrarias”: “Do cu vos sairán...” O malo é que, neste caso, as famosas “correas” pódenos saír do cu a todos, sen comelo nin bebelo, por culpa duns cuantos descerebrados. Mala chispa...!!!

As correas

Te puede interesar