Callos&Rock, unha cita músico-gastronómica co grupo Cranio en Caamouco

Este sábado ofrécense pinchos de balde con cada consumición e o domingo, festa infantil
Callos&Rock, unha cita músico-gastronómica co grupo Cranio en Caamouco
A banda ferrolá Cranio será a protagonista da primeira xornada | CEDIDA

A banda de heavy metal Cranio será a protagonista desta noite de sábado na Agrupación Instrutiva de Caamouco, en Ares, que propón celebrar o San Vicente con dúas xornadas que comezan baixo a denominación de Callos&Rock.


No primeiro evento ofreceranse callos de balde con cada consumición, a partir das 21.00 horas, para acompañar á música da banda ferrolá. Ademais, o patrón continuará mañá domingo con outro encontro, nesta ocasión dirixido ao público infantil. Os pequenos poderán aproveitar, dende as 17.30 horas, a chocolatada que terán preparada na asociación. Despois, Fiestoke! encargarase de animar a velada con baile e xogos para os máis novos, mentres que os adultos terán servizo de cafetaría. 

Callos&Rock, unha cita músico-gastronómica co grupo Cranio en Caamouco

Te puede interesar