“A Nai” é a obra da compañía Amorodio Teatro que recrea a historia real de tres irmás que, na década de 1940, salvaron arredor de 500 persoas que fuxían do nazismo, a través do quiosco que rexentaban. Esta representación terá lugar hoxe domingo, ás 19.00 horas, no auditorio municipal de Cedeira.
Trátase dunha peza dirixida por Marián Bañobre que trata, con sentido do humor, da posibilidade de ser mellor persoa en tempos de degradación moral. Lola, Julia e Amparo Touza Domínguez demostraron esta realidade ao ofrecer unha vía de escape a xudíos, homosexuais ou mulleres xitanas, entre outras. O elenco fórmano Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Yaiza Queiruga, que combinan o teatro documental e a autoficción.