O auditorio municipal de Cedeira acollerá hoxe sábado, ás 20.00 horas, a proxección do documental da actriz e directora Mabel Lozano “Chicas Nuevas 24h”, que investiga o negocio da escravitude sexual.
Trátase dun proxecto que se complementa coa exposición que está dispoñible dende o día 3, e que permanecerá até o sábado 15, en horario de 10.00 a 14.00. A actividade está impulsada pola Dirección Xeral de Loita contra a violencia de Xénero da Xunta, en colaboración coa concellería de Igualdade.