Cedeira convoca unha nova edición (a novena) do Certame de Pintura Rápida, unha cita para artistas que poidan traballar a toda velocidade, pois unha das condicións é a de rematar a obra no día, nun máximo de sete horas. Nese tempo deben plasmas a súa visión da localidade. A temática deste ano, despois de centrarse en 2022 na Capelada como apoio á candidatura do Xeoparque, volve á habitual: a propia vila. Así, poderase pintar no paseo marítimo, na praia da Madalena, no paseo da Mariña, na zona do río Condomiñas, na praia de Area Longa, no casco vello ou no porto.
A proba será o domingo 27, con inscrición e selado dos soportes realizarase de 9.30 a 11.00 horas no posto de turismo da rúa Ezequiel López. Antes das 17.30 deben entregarse as obras na Sala Áncora, para a deliberación do xurado. O concurso está dotado con 800, 600 e 400 euros, ademais do diploma acreditativo.