Unha das propostas para os máis pequenos que se ofrecen dende este xoves e até o domingo no parque do río Freixeiro na Feira Medieval de Narón é a práctica de tiro con arco, ademais de distintas atraccións infantís, probas de habilidade na escola de cabaleiros e un campamento medieval para descubrir a vida e os costumes da época.