O Concello de Pontedeume conmemora hoxe o Día Internacional do Ioga cunha sesión ás sete da tarde no parque Alcalde Sarmiento.
Desde o executivo local explican que, como parte da actividade, realizaranse un total de 108 saúdos ao sol e cantaranse 108 mantras “para celebrar o solsticio de verán”.
Trátase dunha práctica aberta a todos os interesados e para todos os públicos, que se pode comezar ou rematar cando se desexe. Así pois, para tomar parte desta iniciativa impulsada polo Consistorio eumés tan só será preciso levar unha esterilla.