O prazo do quinto concurso de empanadas vai chegando ao seu final

As tres mellores levarán vales para gastar nas panadarías
O prazo do quinto concurso de empanadas vai chegando ao seu final
As elaboracións expoñeranse nunha das carpas do evento antes da degustación do xurado | CEDIDA

Este domingo celebrarase a Festa do Pan de Neda, no paseo de Xuvia, co concurso de empanadas, que lembra a proposta que se realizaba cando o certame se localizaba en Albarón. As tres mellores levarán vales para gastar nas panadarías que participan ou colaboran na cita, declarada de Interese Turístico de Galicia.

 

Calquera persoa maior de idade pode apuntarse na competición, sexan ou non de Neda. As inscricións faranse chamando ao 981 39 02 33, de 10.00 a 14.00 horas, ou enviando un correo a cultura@neda.gal co nome e apelidos, enderezo, DNI e teléfono de contacto do interesado.


A empanada que opte aos premios terá que ter entre un e dous quilos e deberá entregarse, entre as 11.30 e as 12.00, na carpa denominada “En lembranza a Albarón”, onde quedará exposta até a cata do xurado. O sabor contará un máximo de seis puntos e a presentación dous, un veredicto que se coñecerá despois do pregón. Os tres premios consistirán en vales de 200, 150 e 100 euros. 

O prazo do quinto concurso de empanadas vai chegando ao seu final

Te puede interesar