Premio “máis innovador” para o alumnado do IES de Ortigueira na feira científica Galiciencia

Premio “máis innovador” para o alumnado do IES de Ortigueira na feira científica Galiciencia
As alumnas na feira clausurada onte I Cedida

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na Comunidade –promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia– clausurou onte a súa décimo oitava edición, que se desenvolveu baixo o lema “Aeronáutica e Aeroespacial”. 

 

Nesta iniciativa, que busca espertar as vocacións científicas entre os estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato, resultou galardoado alumnado do IES de Ortigueira.


Así pois, o proxecto das mozas Ana Pita e Paula Cuevas mereceu a distinción de “Máis innovador”. Ámbalas dúas realizaron unha serie de experimentos de cultivo in vitro, pensando en alternativas de cultivo agrícola para unha futura colonización do planeta Marte. 


Para iso construíron unha cámara de cultivo in vitro, onde analizaron aspectos como a climatización de diferentes especies agrícolas e arbóreas, obtendo un mellor rendemento a nogueira, o carballo e a cerdeira.

Premio “máis innovador” para o alumnado do IES de Ortigueira na feira científica Galiciencia

Te puede interesar