Reunións informativas en Narón sobre o Rexistro Municipal de Asociacións

Reunións informativas en Narón sobre o Rexistro Municipal de Asociacións
A edila de Participación Cidadá, Olga Ameneiro I Concello

O Concello de Narón organizará nas vindeiras xornadas diferentes reunións informativas sobre a necesidade de actualizar o Rexistro Municipal de Asociacións


Así o anunciou onte a edila de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, que recordou que para acollerse a diferentes subvencións, por exemplo, é imprescindible figurar en dito censo. Tamén para asinar convenios coa administración local ou para facer usos dos locais municipais.


O primeiro encontro terá lugar o vindeiro sábado 22 de febreiro, ás 10.00 horas, no centro cívico social de Castro. O seguinte programado será o día 26, neste caso ás 19.00 horas, no Auditorio Municipal (Praza de Galicia).


Desde o executivo local explican que estas convocatorias se fixaron en lugares –rural e urbano– e horarios –mañá e tarde– diferentes co obxectivo de adaptarse mellor ás posibilidades de asistencia das entidades. As persoas que participen, recibirán información sobre as obrigas legais e tamén sobre o regulamento municipal, a documentación requerida para o rexistro ou como facer o trámite para o mesmo. 

Reunións informativas en Narón sobre o Rexistro Municipal de Asociacións

Te puede interesar