O conselleiro de Cultura, José López Campos, participou onte na presentación de Bibopalula, a primeira serie musical de animación en galego, e destacou a “audacia” da produción, que se presenta como unha das iniciativas audiovisuais “máis ambiciosas das últimas décadas” para o público familiar.
Así o asegurou durante a última xornada da XVII feira Culturgal, un acto que presentou Xosé Antonio Touriñán, produtor da serie, e ao que asistiron 250 nenos e maiores como público invitado. Durante a súa intervención, López Campos celebrou o “excelente momento” que atravesa o audiovisual galego e o talento en formatos de animación “apoiados desde a Xunta través das súas liñas de subvención”.