A Xunta terá lista a orde de creación da Rede Adival de dinamización da cultura no rural tras o verán

A Xunta terá lista a orde de creación da Rede Adival de dinamización da cultura no rural tras o verán
Presentación Rede Adival

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou este martes que a Xunta de Galicia terá lista "tras o verán" a orde de creación da Rede Adival de dinamización cultural no rural.


Tal e como apuntan, trátase dun proxecto que "chegará a todo o territorio e no que ninguén quedará fóra deste circuíto, independentemente do seu lugar de residencia ou idade".


Así o adiantou tras asistir no municipio pontevedrés do Grove á obra 'Travesía Unicornio', de Teatro Ghazafelhos, incluída na programación de Cultura non Camiño.


Este programa forma parte da campaña do CulturON coa que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ofrece este verán uns 30 espectáculos diarios de diferente tipoloxía e para todos os públicos en máis de 200 concellos.


O responsable de Cultura puxo en valor o "importante impacto cultural" que supoñerá a rede para a poboación que vive fóra das áreas urbanas.


Así, erixiuna como unha "potente ferramenta" para "facilitarlle aos habitantes do rural o acceso a este tipo de programacións", ademais de permitir que se incremente a oferta para que poidan participar en actividades culturais, "o que supón un impulso significativo para a democratización cultural en todo o territorio galego".


López Campos tamén ha seañlado que coa publicación do documento quedará definido o organigrama dunha rede que "se concibe como unha asociación de carácter voluntario que aglutinará a entidades sen ánimo de lucro".


Desta maneira, incluirá un réxime no que se unirán os dereitos e deberes dos integrantes, así como os procedementos de traballo, que tamén quedarán recollidos no texto.
 

A Xunta terá lista a orde de creación da Rede Adival de dinamización da cultura no rural tras o verán

Te puede interesar