NEDA | Ángel Alvariño (PSOE): “O Plan Xeral ten que dar autonomía para construír; Neda ten ben delimitadas a zona rural e a zona urbana”

NEDA | Ángel Alvariño (PSOE): “O Plan Xeral ten que dar autonomía para construír; Neda ten ben delimitadas a zona rural e a zona urbana”
O candidato socialista, Ángel Alvariño

Ángel Alvariño preséntase á reelección tras un mandato “totalmente atípico” coa irrupción do coronavirus aos oito meses da toma de posesión. As prioridades centráronse, explica, “nos servizos sociais e na atención inmediata ás consecuencias da pandemia e do confinamento”. A invasión de Ucraína provocou despois a suba de prezos que, xunto coa escaseza de materiais, retrasou obras que xa estaban programadas. Aínda así, subliña avances como os comedores escolares e o servizo de madrugadores, a xestión da escola infantil, a atención a maiores e dependentes co incremento de horas do Servizo de Axuda no Fogar (“somos o concello que máis horas prestamos”) e xestións de cara á construción do centro de día, para o que hai terreos, e para solucionar o problema da rede de saneamento e a antigüidade da depuradora. Melloras de camiños e substitución do alumeado por focos LED, co conseguinte aforro, figuran tamén, indica, nos logros do seu goberno. 

 

O desenvolvemento do Plan Xeral é unha prioridade para Alvariño, pero ten que ter “autonomía para poder construír, sen cortar as posibilidades que ten un concello no que está ben delimitada a parte urbana da rural”. Tamén lle preocupa dar saída ao importante “mercado inmobiliario baleiro”. 

 

Na súa lista hai, indica, “bastante renovación”, con xente nova que “deu un paso á fronte”. Con todo, “os catro concelleiros sobre os que pivotaba a xestión, continúan”, nunha combinación de experiencia e de continuidade. 

NEDA | Ángel Alvariño (PSOE): “O Plan Xeral ten que dar autonomía para construír; Neda ten ben delimitadas a zona rural e a zona urbana”

Te puede interesar