O PP naronés comprométese a aprobar o PXOM e a desenvolver un plan de accesibilidade

O PP naronés comprométese a aprobar o PXOM e a desenvolver un plan de accesibilidade
Germán Castrillón, candidato a Alcaldía de Narón I Cedida

O Partido Popular de Narón comprométese a tramitar o Plan Xeral de Ordenación Municipal como unha das súas prioridades se alcanza o goberno despois das eleccións do 28 de maio. O seu candidato, Germán Castrillón, lamenta a falta de aprobación definitiva deste documento, paralizado, din, desde o ano 2010, o que “provoca retrasos burocráticos e dificulta a mobilidade”.


Precisamente a mobilidade é a segunda pata da proposta en materia urbanística, para “transformar Narón nunha cidade para as persoas, que deixe de ser incómoda”. Detecta Castrillón “numerosos puntos negros”, como a insuficiente anchura nas beirarrúas da rúa Colmeote ou a mala distribución de elementos en edificios públicos.


“O ascensor do edificio do Concello de Narón non chega ata a cafetería, que se atopa na planta alta. A rampla da biblioteca non permite unha manobra sinxela se se enfrontan dúas cadeiras de rodas”, engade.


Por iso, “é necesario un plan de accesibilidade actualizado e, aínda máis importante, que se poida cumprir canto antes”.

O PP naronés comprométese a aprobar o PXOM e a desenvolver un plan de accesibilidade

Te puede interesar