O salón de actos do Antigo Hospicio será escenario esta tarde, a partir das 19.30 horas, dun novo acto organizado pola Sociedade Cultural Medulio, en colaboración coa Fundación Galiza Sempre.
Nesta ocasión, un encontro que se presenta baixo o título de “Abril de lume e ferro”, o profesor e investigador Juan Renales Cortés encargarase dun relatorio sobre a xeración de intelectuais de 1846.