Compañeiro Ramón, desde a Plataforma de Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, no dia da tua marcha, esta cidade ten tonos grises e o vento do sul nom deixa de zoar coma un laio pola nosa perda. Porque a tua marcha é unha perda para nós e para esta cidade. Ti, que nunca deixaches de pór recursos, o teu traballo, o tempo… a vida, a remar polas causas xustas. Ti, que sempre estavas disposto a botar unha man, a pór o lombo… e non hai cousa que enfureza máis aos poderosos que a xente coma ti, desde a humildade, desde o máis sinxelo, non deixar de intentar cambiar o mundo.
O movimento de pensionistas, o movimento social e político de Ferrolterra volve ficar orfo, porque só persoas coma ti fan posível que o mundo cambie. Só persoas coma ti, xenerosas, altruistas, fan posível o inmenso exército humano que se move cara a paz, cara a justiza e cara a igualdade. Ti, que nunca deixaches de ser o pequeno neno da aldea de Muros ao que lhe medrou a consciência e camiñaches no lado humano da vida, camiñaches co pensamento posto na Humanidade. Ti, que hoxe te perdemos, deixas de loito a esta cidade.
Lamentamos o pasamento do noso querido amigo e compañeiro Ramón Castiñeira Sestayo. Logo de moito tempo loitando contra os efectos da asbestosis e as súas múltiples complicacións faleceu este xoves o noso querido Moncho.
Persoa entrañable, de compromiso inquebrantable con todos os temas sociais, participando activamente na A.C. Fuco Buxán, da que era directivo, en AGAVIDA, a Asociación Galega das Vítimas do Amianto, na Plataforma pola Defensa dos Servizos Públicos, na da Defensa das Pensións Dignas, e outras. Estará sempre na nosa Memoria.
(Tanatorio Albia número 1. Polígono A Gándara).