Antón Cortizas imparte un taller de poesía tradicional en Canido

Esta proposta comeza o sábado e conta con vinte prazas en total
Antón Cortizas imparte un taller de poesía tradicional en Canido
Antón Cortizas Amado será o responsable deste obradoiro creativo | JORGE MEIS

A Escola de Escritoras e Escritores da AELG propón o taller de creación literaria “Eu cantar cantar cantarei” na biblioteca do centro cívico de Canido, que comeza este sábado, de 11.00 a 13.30 horas.

 

 As vindeiras sesións desenvolveranse, sempre coincidindo en sábado, os días 19 e 26 de outubro, así como os días 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro. A inscrición é de balde e realízase escribindo ao enderezo electrónico oficina@aelg.org. Trátase dunha iniciativa da que se encargará o escritor Antón Cortizas, que conta con 20 prazas, dirixidas para persoas maiores de 16 anos. Ademais, ofrecerase unha sesión especial a cargo de Ricardo Casás e Xurxo Souto.

Antón Cortizas imparte un taller de poesía tradicional en Canido

Te puede interesar