A Área Sanitaria de Ferrol habilita un novo local para as asociacións de pacientes

O espazo tense utilizado nos últimos tempos para vacinación
A Área Sanitaria de Ferrol habilita un novo local para as asociacións de pacientes
Exterior do local, no andar baixo, logo de subir as escaleiras mecánicas I Cedida

As asociacións de pacientes con presenza na área sanitaria de Ferrol teñen xa á súa disposición un novo local no andar baixo do hospital Arquitecto Marcide, que poderán utilizar, como norma xeral, os días hábiles entre as 9.00 e as 15.00 horas. 


Con este novo recurso, a Xerencia, a través da Subdirección de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía, cumpre un compromiso adquirido coas entidades que forman parte do Consello Asesor de pacientes da Área na primeira xuntanza do equipo directivo actual co colectivo o pasado mes de 
decembro.


O local, informa a Área Sanitaria, conta con acceso directo a través da entrada principal do centro. Está deseñado, engade, como “lugar de encontro no que  as asociacións poidan ter visibilidade dentro da nosa organización”, explica a subdirectora do departamento que habilitou este local, Estrella López-Pardo. “Implica unha oportunidade de estar máis preto do paciente e do profesional, e de ofrecer información dos seus recursos. Por iso”, engadiu, “animamos ao tecido asociativo sanitario a participar e facer uso deste novo espazo”. 


Uso

Como norma xeral, este espazo poderá ser utilizado os días hábiles en horario de 9.00 a 15.00 horas. O obxectivo é que o local estea dispoñible de forma equitativa “para  todas as asociacións”, polo que cada unha delas disporá dun máximo de dúas horas cada día e catro horas máximo cada semana”. Nese sentido, desde a Área lembran que xa son catro as asociacións que teñen reservado o seu oco.


Para o seu uso, a Área Sanitaria de Ferrol ocuparase da distribución do tempo da sala de forma equitativa entre todas as asociacións, autorizará as solicitudes, dotará o espazo de equipos e mobiliario para depositar os materiais informativos que as entidades consideren e difundirá na entrada da sala a relación das mesmas e o seu contacto.


As entidade que o utilicen, pola súa banda, comprométense a non acceder á sala sen efectuar previamente a reserva  e resposabilízanse de que se cumpran en todo momento as normas de uso.  

A Área Sanitaria de Ferrol habilita un novo local para as asociacións de pacientes

Te puede interesar