A asociación cultural Artábria organiza este domingo, á 13.00 horas, unha nova actividade en solidariedade co pobo palestino. Nesta ocasión, trátase dunha sesión vermú con diversas actividades.
O encontro incluirá a presentación do libro “Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina”, cuxas vendas irán para UMWRA. Esta sesión tamén contará co recital de artistas como Sabela Losada, Luz Darriba, Lois Diéguez, Isabel Cribeiro ou Igor Lugrís.