As charlas da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos arrancan co presidente da OMI

A sesión terá lugar este mércores no Campus Industrial e poderase seguir en liña
As charlas da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos arrancan co presidente da OMI
Unha das sesións do curso pasado no mes de decembro | EMILIO CORTIZAS

O ciclo de conferencias para este curso que propón Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, promovida pola Universidade da Coruña e Navantia, inaugurarase este mércores, ás 18.00 horas, no salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol. Esta sesión de apertura estará protagonizada por Víctor Jiménez, presidente do Consejo de la Organización Marítima Internacional –OMI–.


Trátase dun evento que, coma no resto de conferencias deste curso, poderase seguir en directo a través da web catedracosmealvarez.com. Do mesmo xeito, o alumnado de grao da Escola Politécnica de Deseño Industrial –EPEF– terá dereito ao recoñecemento de créditos optativos.


Este programa divulgativo continúa o mércores 27 deste mes, co, Enrique Peña, catedrático de Enxeñaría Portuaria e Marítima da UDC. As seguintes propostas xa terán lugar no vindeiro ano 2025, cando lles tocará a quenda a Rafael Suárez, xerente da Fundación Exponav, e a Rafael Morgade, responsable de Transformación Dixital e Industrial en Navantia Ría de Ferrol, xunto con Raúl Rico, encargado da sección de Produción. 

 

Colaboración entre navantia e a Universidade

Esta cátedra, que toma o nome do tenente xeneral Cosme Álvarez de los Ríos, responsable de iniciar as obras no Asteleiro e no Arsenal a mediados do século XVIII, nace co obxectivo de fomentar o intercambio de experiencias entre os ámbitos da docencia, a investigación e a cultura en xeral.

 

Así mesmo, por medio desta iniciativa foméntase a formación práctica do estudantado da UDC nos sectores naval e industrial, posibilítase a obtención de becas en empresas ou póñense a disposición programas de conferencias coma os que se ofrecen este curso, entre outras actividades. Os seus directores son a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, onde se localiza a sede, Ana Álvarez, e o responsable de programa en Navantia Seanergies, Fernando Lago.

As charlas da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos arrancan co presidente da OMI

Te puede interesar