A Capela da Mercé acolle a actuación de Concerto Tempo con temas inéditos

As estreas foron compostas por tres músicos e unha letrista
A Capela da Mercé acolle a actuación de Concerto Tempo con temas inéditos
Unha das actuacións da formación nunha igrexa, neste caso a de Santo Domingo | EMILIO CORTIZAS

A agrupación local Concerto Tempo propón achegarse esta tarde de sábado, ás 19.30 horas, até a Capela da Mercé, próxima á praza de Amboage. Esta sesión, que ten entrada gratuíta, ofrecerá un programa no que se inclúen tres obras de estrea absoluta.

 

Os compositores responsables destas novidades son José María Pérez Pastor, Agustín Lázaro Santos e Julio Domínguez, ademais de Eva Veiga, que se encargou do texto. A cita celébrase coincidindo co inicio dos ensaios para os novos integrantes que quixeran apuntarse á formación, que practican no centro cívico de Canido.

A Capela da Mercé acolle a actuación de Concerto Tempo con temas inéditos

Te puede interesar