O CHUF acometeu 10.591 ciruxías no pasado ano

Tamen se fixeron 375.278 consultas e 120.170 probas durante o 2024
O CHUF acometeu 10.591 ciruxías no pasado ano
A espera media de pacientes prioritarios situouse nos 14 días

Os profesionais do Complexo Hospitalario Universitario da Área Sanitaria de Ferrol realizaron un total de 10.591 cirurxías, 375.278 consultas, e 120.170 probas durante o pasado ano 2024. Das cirurxías, 460 son xa robotizadas, un 34% máis que no mesmo período do ano anterior.

 

A demora media para unha cirurxía na Área Sanitaria de Ferrol sitúase en 53,8 días. No caso das consultas externas, a espera é de 59 días. Así o reflicten os datos que sobre as demoras medias na Área Sanitaria de Ferrol vén de publicar o Servizo Galego de Saúde no seu espazo electrónico, e do que daba conta o conselleiro de Sanidade en rolda de prensa esta mesma mañá. 

 

Dende a Área Sanitaria de Ferrol queren destacar o “traballo dos e das profesionais que son os que fan posible soster e mellorar as cifras de demora”.

 

Estas cifras sitúanse por debaixo da media galega. Do total das 3.130 persoas que están a agardar unha intervención cirúrxica na actualidade, o 86% (1.960) agarda menos de tres meses, e ninguén o fai más de 6 meses. En canto ás consultas externas, agardan unha consulta neste intre un total de 13.395 persoas; e o 81% das mesmas faino menos de tres meses. O tempo medio para as probas diagnósticas sitúase nos 72,6 días.

 

 

Prioridade, garantía e vías rápidas

 

No ámbito cirúrxico, continúa a destacar a intensificación do traballo das e dos profesionais para segmentar ós pacientes en función da prioridade, e que reciban primeiro asistencia aqueles que máis o precisan, e segundo protocolos e recomendacións das sociedades científicas e criterios sistematizados, clínicos, funcionais, e sociais, como entre outros, a gravidade da enfermidade pola que se ve afectado.

 

As cifras de demora dos pacientes prioritarios en Ferrol ten sido baixa dende que se iniciou a procura activa destes pacientes con maior prioridade. Os resultados marcados téñense superado unha vez máis en Ferrol: 14 días para os pacientes con prioridade 1; e 50,3 días para a prioridade 2. Na prioridade 3, sitúase nos 58,2 días.

 

Ademais, o sistema sanitario público galego ten habilitado fórmulas para que os pacientes que realmente o precisan non teñan que esperar, como son as vías rápidas ou o decreto de garantías. No que se refire ás vías rápidas, encauzáronse no sistema un total de 2.095 pacientes con sospeita diagnóstica de cancro.

 

Neste mesmo senso, lembrar a posta en marcha do Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantías de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, que establece o dereito a un tempo máximo de resposta na atención hospitalaria programada da que se poden beneficiar tódolos cidadás do sistema. Este decreto recolle patoloxías, probas diagnósticas e vías rápidas con enfermidades incluídas como cancros, patoloxías severas das válvulas cardíacas, aneurismas cerebrais, obstrución e estenoses arterias graves, desprendementos de retina ou hidrocefalias. Cando o paciente se inclúe na lista de espera, nos servizos de Admisión infórmaselle da aplicación deste Decreto.

 

Na Área Sanitaria de Ferrol, un total de 3.969 persoas que se acolleron a este decreto, con actividade garantida: un total de 1.274 no ámbito cirúrxico na garantía establecida coa entrada en vigor do decreto de tempos máximos de atención. Nestes outros dous ámbitos, foron 2.422 as persoas de consultas externas e 273 as persoas de probas.


 

O CHUF acometeu 10.591 ciruxías no pasado ano

Te puede interesar