Cinco nenos saharauís pasan en Ferrol as súas “Vacacións en paz”

Cinco nenos saharauís pasan en Ferrol as súas “Vacacións en paz”
Recepción aos nenos saharauís, onte, no Concello de Ferrol I EMILIO CORTIZAS

Os cinco nenos e nenas saharauís que desde o 17 de xullo e ata principios de setembro están en Ferrol recibiron este mércores a benvida da corporación municipal. Empezaron a sesión no salón de recepcións moi serios e rematárona entre risas, grazas á actuación especial que preparou para eles Magic Mateo e que incluíu ata unha mesa voadora, para abraio dos pequenos. Foi o peche a un acto que serve para amosar a solidariedade da cidade coa causa dos refuxiados e, en particular, cos máis novos, que viaxan cada verán a Galicia –máis de 200 nesta ocasión– para alonxarse da vida nos campamentos do deserto nos meses máis duros do ano.


Nas comarcas hai familias acolledoras en Ferrol, Narón, Fene, Pontedeume, Cabanas e San Sadurniño. Son máis dunha ducia de nenos e nenas, unha cifra semellante á do ano pasado, cando se retomou o programa “Vacacións en paz” despois da pandemia. Desde a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) esperan poder ampliar este número nos vindeiros anos, realizando traballo nas escolas e coas familias para implicar a máis persoas.


“No acollemento destes nenos hai momentos duros e momentos mellores”, comenta Manuel Romero, vicepresidente de Sogaps na zona, “pero cando marchan daste conta de que o neno aportounos máis a nós que nós a el”. 

 

Desde Galicia se cultiva paz, hermandad y armonía donde otros cultivan minas y guerras


A maioría dos que chegaron a Ferrol este verán repiten. Agora teñen nove anos e, aínda que xa coñecen os paisaxes e costumes, sempre hai un choque cultural e o estrañamento das súas familias. Gozan do seu tempo aquí pero tamén agradecen, tras unhas semanas, regresar á súa casa. Todos eles pasan un amplo control médico e reciben as atencións que precisan. É o caso dun dos irmáns pequenos de Yusef, un neno saharauí que, por razóns de saúde, está acollido desde hai varios anos por unha familia ferrolá coa que ademais ten parentesco. Este irmán someterase en poucos días a unha operación menor.

 

 

Embaixadores de paz


“El pueblo saharaui hasta 1975 fue la provincia número 53 de España. Los padres de estos niños son españoles, los niños son españoles abandonados de muchísimas maneras”, denunciaba onte no Concello Mohamed Mehdi Zerga, representante saharauí en Galicia. Resaltou os lazos que unen aos dous pobos grazas a este lonxevo programa.  “Hay familias que ya acogen a nietos de aquellos primeros niños que vinieron”, lembrou. “Son embajadores de paz que mañana serán los embajadores gallegos en el norte de África. Desde Galicia se cultiva paz, hermandad y armonía donde otros cultivan minas y guerras”.


O alcalde, José Manuel Rey Varela, reivindicou a causa saharauí, “coa que estamos fondamente comprometidos” e  subliñou a importancia deste intercambio cultural, “unha experiencia que non van olvidar nin eles nin nós”. Agradeceu a solidariedade das familias acolledoras, que son “un exemplo e un acicate para que máis ferroláns se animen” e lembrou tamén como se fletou por primeira vez un avión desde a Xunta cando el era conselleiro.

Cinco nenos saharauís pasan en Ferrol as súas “Vacacións en paz”

Te puede interesar