Os cocidos en comunidade esténdense por toda a comarca

Estes encontros adoitan precisar inscrición previa para sentar á mesa e ofrecer amenización musical
Os cocidos en comunidade esténdense por toda a comarca
Imaxe do cocido que se ofreceu o ano pasado en Neda por estas datas | CEDIDA

O costume galego de celebrar as festas arredor dunha mesa pervive non só no ámbito familiar senón tamén nas distintas organizacións veciñais, que no Entroido ofrecen xantares en comunidade para degustar o tradicional cocido. Mañá domingo haberá comidas en Caranza, Xuvia e Narón, entre as máis próximas de Ferrolterra, que como adoita ocorrer no resto de convocatorias, se complementan con outros atractivos.


A festa do cocido da Gándara pechou as inscricións a semana pasada, pero aínda quedan outras convocatorias con dispoñibilidade. O pavillón do CEIP Ledicia acollerá o encontro que organiza a comisión de festas de Caranza, coa amenización musical de DJ Jesús, sorteos e premio ao mellor disfraz. No local social da AV Altea realizarase unha sesión vermú ás 13.00, que dará paso á comida, para a que é preciso anotarse no ambigú ou no 981 393 561. A festa continuará para os máis pequenos no polideportivo do CEIP Ponte de Xuvia.


Pola súa parte, o Club de Pensionistas y Jubilados Santa Cecilia propón xantar o sábado 8 e bailar co Dúo Galicia. As prazas resérvanse no ambigú ou enviando un whatsApp ao 682 511 236. Nesta mesma data, a Asociación de Maiores Xubilados e Pensionistas de Cariño “O Faroleiro” organiza outro encontro coa amenización de Lucía Fraguela, e os interesados poderán anotarse nas súas oficinas, como máximo até este martes. 

 

Ao día seguinte, o domingo 9, o pavillón municipal Ale de Paz de Neda acollerá outra cita do estilo, tamén con música en directo e sorteo de distintas cestas con produtos típicos destas datas entre os asistentes. Os tíckets deber retirarse na oficina de servizos sociais do Concello antes do martes.

Os cocidos en comunidade esténdense por toda a comarca

Te puede interesar