O Colexio Cristo Rey de Ferrol queda en primeira posición nunha proba da Olimpíada Robótica

A entrega de premios da Olimpíada Robótica, que organiza a Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol, tivo lugar no CEIP de Esteiro. Entre os participantes (en total, máis de 100 estudantes de ESO e BACH) que procedían de centros educativos de Ferrol, un equipo do Colexio Cristo Rey, 'Los ingenieros de la fe', quedou en primeira posición nunha das probas, concretamente na de "Barrendeiro", co seu robot 'Miau'. Ademais da mencionada proba, os concursantes tiveron que superar outros dous retos diferentes para demostrar todas as capacidades dos robots, que consistiron nun "Sigue liñas" e unha competición de sumo.

 

Cristo Rey Olimpiada robotica3
Los ingenieros de la fe I Cedida


Tal e como informaron dende a Universidade da Coruña, os gañadores absolutos, que recibiron o Gran Premio Final da terceira Olimpíada Robótica,  achegáronse a Ferrol para concursar dende o IES Perdouro de Burela

O Colexio Cristo Rey de Ferrol queda en primeira posición nunha proba da Olimpíada Robótica

Te puede interesar