A praza Rosalía de Castro, localizada no barrio ferrolán de San Xoán, acolle hoxe mércores, ás 12.00 horas, un acto conmemorativo do nacemento da poeta e novelista (1837-1885) que pon nome a este espazo.
A homenaxeada trascendeu como unha figura fundamental do Rexurdimento literario galego que, ademais, se converteu en símbolo do feminismo polo legado que deixou na súa obra. O evento, que está organizado polo goberno municipal, incluirá unha lectura de poemas.