O conselleiro de Sanidade destaca en Ferrol o papel da muller no Sergas, onde son maioría, aínda que non en postos de responsabilidade

O conselleiro de Sanidade destaca en Ferrol o papel da muller no Sergas, onde son maioría, aínda que non en postos de responsabilidade
El conselleiro de Sanidade durante su intervención, esta mañana, en el salón de actos del Marcide

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asumiu hoxe o compromiso de traballar de forma global para incrementar a presenza feminina nos postos de responsabilidade do Servizo Galego de Saúde, tendo en conta que as mulleres representan o 80 % do persoal deste organismo e están presentes en toda a maquinaria que coida da saúde das persoas.

 

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego participou no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol nun acto conmemorativo do Día Internacional da Muller, acompañado da delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, e da xerente da área sanitaria, Fernanda López.

 

Segundo sinalou Gómez Caamaño, o 64 % do persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde son mulleres. Porén, no que respecta aos postos de responsabilidade, esa porcentaxe baixa e a maioría están ocupados por homes. En concreto, nos hospitais as mulleres son unha gran maioría pero só ocupan o 36 % dos postos de responsabilidade, e, no caso da atención primaria, o 48 %.

 

Gómez Caamaño subliñou que hai moita necesidade de talento feminino en todo o espectro sanitario, e todos os campos da sanidade están abertos á formación, á capacidade e ás ganas de traballar das mulleres.

Ao respecto, remarcou o recoñecemento da Consellería de Sanidade e da Xunta ao labor social fundamental que realizan as mulleres do Servizo Galego de Saúde, tendo en conta, ademais, que o futuro da sanidade tamén será das mulleres, xa que constitúen preto do 70 % das persoas que están a realizar a residencia no departamento sanitario galego.

 

O conselleiro incidiu en que o Día Internacional da Muller é unha chamada á responsabilidade colectiva, sendo necesario seguir a traballar para que a igualdade non sexa só un obxectivo, senón, tamén, unha realidade, posto que unha sociedade máis xusta para as mulleres é unha sociedade mellor para todas as persoas.

 

A este respecto trasladou a súa satisfacción por sumarse a esta homenaxe ás mulleres da sanidade pública e por facelo na súa cidade, en Ferrol, e ademais nunha área sanitaria que esta liderada por unha muller.

Así mesmo, felicitou á Dirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería pola iniciativa impulsada para conmemorar este ano en todas as áreas sanitarias o Día Internacional da Muller.

 

 

Participantes

 

Ao acto celebrado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol asistiron arredor de 70 estudantes do IES de Catabois e do Colexio Lestonnac de Ferrol, así como do Colexio Alaya (Santa Cecilia-Narón).

Celebrouse unha mesa redonda co obxecto de visualizar o importante labor que realizan as mulleres na sanidade, no que cada participante compartiu as súas experiencias persoais, resaltando a importancia do seu traballo na asistencia sanitaria e os retos superados ao longo da súa carreira.

 

En concreto, no acto interviñeron a xerente da área sanitaria de Ferrol, Fernanda López-Crecente; a directora de Recursos Económicos, Ángela Calderón; Raquel Marzoa Rivas, facultativo especialista de área de Cardioloxía; Esther Ruiz Calero, fisioterapeuta supervisora de rehabilitación; María Teresa Casas Fernández, celadora condutora; Mari Tenreiro Rodríguez, informática; e Marta López Dobarro, MIR 4 de Cirurxía Ortopédica e Traumatolóxica.

O conselleiro de Sanidade destaca en Ferrol o papel da muller no Sergas, onde son maioría, aínda que non en postos de responsabilidade

Te puede interesar