Exponav remata a catalogación dos barcos de pasaxe da empresa Tecnor

Exponav remata a catalogación dos barcos de pasaxe da empresa Tecnor
O grupo de traballo | exponav

A achega da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades permitiu a Exponav concluír a catalogación dos barcos de pasaxe do fondo documental da empresa de enxeñaría Tecnor. Trátase de 200 proxectos de catamaráns, lanchas, “canguros”, transbordadores e ferris que se suman así aos de buques de carga e pesqueiros que xa estaban dispoñibles na sección de arquivo e biblioteca da web www.exponav.org


O resultado é froito do traballo desenvolvido durante un ano por Clara García Gen e Saray Díaz Canosa, baixo a supervisión da responsable do arquivo e biblioteca da fundación, Ainhoa Leal. Entre os planos catalogados atópanse os do “Rías Altas-1”, o que fai o traxecto Ferrol-Mugardos e as viaxes pola ría, aínda en servizo coa empresa Fernández Cabana. 


Ademais, con outra subvención, neste caso da Deputación, vaise proceder á reorganización da biblioteca, que se realizará por temática e non por tipoloxía como até o de agora. Patricia López Bellas e Nerea Pita Quelle traballan xa neste proxecto, tamén coa supervisión de Ainhoa Leal. 

Exponav remata a catalogación dos barcos de pasaxe da empresa Tecnor

Te puede interesar