FeC reclama que o Concello convoque as axudas para a rehabilitación para non perdelas

Son 3,5 millóns de euros dos fondos Next Generation concedidos a finais do ano 2022
FeC reclama que o Concello convoque as axudas para a rehabilitación para non perdelas
Imagen de archivo de Jorge Suárez y Nerea P. Carballeira, de Ferrol en Común | Jorge Meis

Ferrol en Común demanda ao goberno do Partido Popular que realice os trámites necesarios para convocar as axudas para rehabilitación das catro zonas ARI do Concello. Son 3,5 millóns de euros dos fondos Next Generation concedidos a finais do ano 2022 e que se destinan á mellora da eficiencia enerxética aos que aínda non se lles deu saída. 

 

A formación que lidera Jorge Suárez advirte de que se está en risco de perder estas axudas porque a prazo para asignalas remata en decembro deste ano, “polo que imos xustos de tempo”.


A estas subvencións poden optar os propietarios de vivendas nas zonas protexidas da Madalena e Ferrol Vello, Recimil, A Graña e Esteiro Vello. Pódense cubrir os custes das obras nun 40, 65, 80 e incluso 100%, en función da situación económica.


“O goberno local mantén paralizadas estas axudas fundamentais porque aínda non redactou as bases que posibilitan esta convocatoria e tramitación destas axudas”, indican desde FeC. Acusan ao goberno local de “frear así a rehabilitación da nosa cidade”. Falan de “nefasta xestión” e indican que xa se perdeu un ano.

FeC reclama que o Concello convoque as axudas para a rehabilitación para non perdelas

Te puede interesar