Ferrol acolleu a premier da última película de Javier Gutiérrez, “Honeymoon”

Ferrol acolleu a premier da última película de Javier Gutiérrez, “Honeymoon”
Parte do elenco encabezado polo actor ferrolán, cos representantes políticos antes da proxección | Jorge Meis

Coa asistencia, por deseo expreso do actor Javier Gutiérrez, de medio cento de veciños e veciñas da cidade, o Teatro Jofre acolleu onte a premier de “Honeymoon”, unha road movie dirixida por Enrique Otero e que ten ao propio Gutiérrez e a Nathalie Poza como protagonistas. 


Presentada na última edición do Festival de Málaga, “Honeymoon” chegará ás salas de cine o vindeiro 12 de xaneiro, aínda que está prevista unha “segunda” premier en Madrid. Na cerimonia ferrolá, ademais dos veciños e veciñas máis rápidos en retirar as invitacións do Jofre o pasado mércores –esgotáronse nuns minutos–, estiveron presentes representantes políticos municipais, autonómicos e tamén estatais, como foi o caso da vicepresidenta segunda e ministra de Traballo Yolanda Díaz.

 

Poliiticos honeymoon
 


Do elenco, ademais dos dous protagonistas, ambos gañadores do premio Goya, forman parte María Vázquez, Silvia Xirui Zhou, Fernando Albizu, Antonio Durán “Morris”, Pablo Derqui, María Tasende, Desiré Pillado, Marta Lado, Susana Dans ou César Martínez “Goldi”, entre outros. A película está producida por Control Z e AccaMedia. 

 

O Circo de las Estrellas pecha o ano cultural na cidade

O espectáculo Circo de las Estrellas pechará o ano cultural na cidade mañá sábado a con dúas sesións programadas para as 18.00 e ás 20.30 horas no Teatro Jofre. Trátase dunha proposta que fusiona circo, teatro e cabaret producida pola compañía Emotiva. 
Conta a historia de Romeo, descendente de varias xeracións de sonados artistas que soña con se converter nun showman internacional para non decepcionar os seus antergos. Para alcanzar o éxito rodearase de persoas “extraordinarias”, aínda que á conta de sacrificar valores como o amor e a amizade. 
As entradas para poder asistir ao espectáculo poden mercarse xa na billeteira do Jofre e tamén na web www.emotivaproducciones.com a un prezo que oscila entre os 18 e os 35 euros, dependendo da butaca que se escolla. Aínda quedan prazas dispoñibles, informa a organización. 

 

Ferrol acolleu a premier da última película de Javier Gutiérrez, “Honeymoon”

Te puede interesar