O Festival Atlántica de narrativa oral chega o 4 de xullo a Ferrol

O Festival Atlántica de narrativa oral chega o 4 de xullo a Ferrol
A autora de Maniños, Paula Carballeira, nunha edición pasada do Festival Atlántica / CEDIDA

A edición número 12 do Festival Atlántica de narrativa oral recalará en Ferrol o vindeiro mes de xullo con propostas gratuítas dirixidas tanto ao público adulto como infantil.


A programación comezará o xoves día 4 con xogos musicais a cargo de Luis Prego e Samuel Soto na biblioteca municipal ás 12.00 horas, para os que é preciso inscribirse en www.festivalatlantica.gal. Ás 19.00 horas terá lugar o roteiro pola escultura urbana, capitaneado por Guillermo Llorca, e hai que apuntarse no teléfono 981 944 182. Para finalizar, haberá “Contos e cantos” da man de Ana Sofía Pavia no parque Raíña Sofía, a partir das 21.00 horas, con entrada libre.


O venres, día 5, Inacio Vilariño ofrece na biblioteca municipal, ás 12.00 horas, un espectáculo infantil e, ás 19.00, Esperanza Piñeiro guiará unha ruta sobre a muller no progreso de Ferrol, que sairá da praza de Armas. Para estas actividades será haberá que inscribirse na páxina web, mentres que a das 21.00 horas no Raíña Sofía, a cargo de Vero Rilo e Santi Cribeiro, terá entrada será libre. O sábado 6, Raquel Queixás e Mares de contos para nenos, no Raíña Sofía a partir das 12.00 horas. No mesmo sitio, ás 21.00 horas, o público adulto terá a Avelino González e “Unha chea de contos”, tamén con entrada libre. 

O Festival Atlántica de narrativa oral chega o 4 de xullo a Ferrol

Te puede interesar