“A Galicia inédita. Un vistazo diferente del fotoperiodismo gallego” é o título da mostra que reúne imaxes dos fotoxornalistas máis relevantes da comunidade, que se inaugurou na mañá deste pasado luns.
En representación deste ámbito territorial participan Kiko Delgado, de EFE, e Jorge Meis, fotógrafo do Diario de Ferrol, que tiveron que seleccionar unha soa captura que represente a súa zona. Esta tarefa de selección foi a máis difícil, segundo Meis, despois de máis de 25 anos de traxectoria. Para explicar o mérito da fotografía, acompáñaa un texto do xornalista e primeiro director deste medio de comunicación, Germán Castro.
Na imaxe elexida aparece un capuchón que mostra un tatuaxe cunha caveira “que aparte de ser interesante desde el punto de vista de la simetría, mezcla lo tradicional con lo moderno”, explica Jorge Meis.
O evento, que tamén serviu como reencontro con compañeiros, está organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia e o Colectivo profesional de fotoxornalistas, que se atopa en proceso de formación.