O programa desta fin de semana na sala La Room comeza esta noite, cun concerto de rock a cargo da banda Lija & Terciopelo. Este nome, extraído do título da canción do emblemático grupo Marea, xa advirte do tributo que ofrecerán ás 00.15, aínda que as portas abren ás 00.00 horas.
O sábado á mesma hora será a quenda do dúo local Manopuesta, que versionan clásicos nacionais e internacionais. A entrada aos concertos ten unha entrada de cinco euros, mais ao remate da actuación dos ferroláns Carlos e Pedro, DJ La Vepe poñerá a sonar os seus históricos vinilos con pase libre e gratuíto.