O secretario da Fundación Marqués de Amboage, Óscar González, e os vogais da asociación encontraronse onte co dirixente municipal, José Manuel Rey Varela, nun acto no que o rexedor destacou “o traballo benéfico da fundación durante todos estes anos”.
Aproveitaron para recordar os actos programados para homenaxear a Ramón Plá y Monge, programados para este sábado día 31.
A misa será ás 11.00 horas na concatedral de San Xiao e ás 12.15 horas, na praza de Amboaxe, levarase a cabo a tradicional ofrenda floral. Ás 17.15 horas terá lugar un acto de irmanamento con Vila do Conde, coa inauguración da praza Rancho da Praça-Rendilleiras.