O teatro Jofre será o escenario este venres, ás 20.30 horas, para a compañía Atalaya, que conta con máis de 40 anos de traxectoria e en 2008 recibiu o Premio Nacional de Teatro.
Este grupo presentará unha das obras máis universais de Ramón María del Valle-Inclán, “Divinas palabras”, baixo a dirección, adaptación e dramaturxia de Ricardo Iniesta. A avaricia, a luxuria e a morte son os temas principais que aborda a historia, que trata de mostrar a miseria humana a través da familia dun sacristán.