Obras do escultor “Moxom” para abrir tempada expositiva na Casa da Cultura de Fene

Obras do escultor “Moxom” para abrir tempada expositiva na Casa da Cultura de Fene
Na imaxe algunha das pezas talladas polo escultor ourensán e que poden verse a partir de hoxe na Casa da Cultura | cedida

O escultor ourensán Xosé Manuel Rodríguez “Moxom”, amosa desde hoxe parte da súa obra na Casa da Cultura de Fene. “De boas madeiras” é o título da mostra que abre o calendario de exposicións do devandito espazo expositivo fenés neste 2022. O ourensán “Moxom” trae esta colección na que se poderán ver ata o vindeiro 31 de xaneiro un total de 16 obras de diversos tamaños. Primordialmente, apunta, “son figuras femininas, con rostros e posturas naturais, con moita cor, lembrando os meus inicios no mundo do cómic”.



Aínda que na xornada de hoxe


o horario de visitas será unicamente de mañá, de 10.00 a 14.15 horas (e mañá e domingo as instalacións permanecerán pechadas), a partir do vindeiro luns, 10 de xaneiro, a mostra poderá visitarse xa de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Segundo o artista, en “De boas madeiras” as obras “non teñen unha temática definida posto que cada unha é distinta e xorde do que a forma da madeira me suxire en cada momento”.

A composición dos traballos artéllase en tres pezas: “O camiñante” , “La danceuse” e “A lectora”, que son unha visión persoal de obras de Caspar David Friedrich, Monet e Hooper, respectivamente.

En canto aos materiais empregados, todas as pezas son de madeiras, principalmente de uz, carballo, salgueiro, bidueiro e, ocasionalmente, de castiñeiro e plátano de sombra, entre outros. Afirma o escultor ourensán que “son madeiras recollidas nos encoros, nos camiños e nas leiras da Galiza, procurando sempre o aproveitamento do material sen necesidade de cortar madeiras novas. Así consigo dalgunha maneira que a madeira pola que non corre xa a zume cobre vida de novo”. Xosé M. Rodríguez “Moxom” , nado en Ourense, en1964, comenza no mundo da banda deseñada na década dos oitenta e logo virá o seu contacto coa escultura en madeira, paixón que xa non deixou. 

Obras do escultor “Moxom” para abrir tempada expositiva na Casa da Cultura de Fene

Te puede interesar