Camerata Lírica presenta este sábado, ás 20.30 horas no teatro Jofre, a popular peza “La flauta mágica”, unha adaptación da ópera en dous actos, con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto de Emanuel Schikaneder.
Esta obra foi traducida ao castelán no caso das partes faladas, mentres que a música mantén o idioma alemán orixinal. A sesión trasladará ao espectador a un lugar imaxinario por medio de elementos escenográficos e en certos momentos, audiovisuais.