“Pontedeume, Vila do Libro” saca cartel para anunciar esta iniciativa pioneira en Galicia

Este proxecto conta cun longo percorrido e unha rede de territorios ampla en Catalunya
“Pontedeume, Vila do Libro” saca cartel para anunciar esta iniciativa pioneira en Galicia
O alcalde, Bernardo Fernández, e a concelleira de Cultura, Alejandra Bellón, no acto de presentación | CEDIDA

A primeira “Vila do Libro” da comunidade galega é Pontedeume, polo se celebrará un festival literario nesta terra dos Andrade, entre o 23 e o 25 de agosto. Para este encontro, co que se ambiciona a expansión a nivel autonómico, o Concello vén de publicar a identidade visual do seu anuncio.


O cartel, que foi presentado a piques de rematar a semana pasada, consiste nun collage que representa nun só espazo a riqueza do patrimonio cultural e a enerxía da xuventude. A ilustración rexistra a icónica ponte eumesa non só para representar á vila, senón tamén como símbolo de unión entre as novas xeracións e a cultura, ás que plasma debido ao incremento do interese deste sector poboacional por campos como a literatura ou a arte.


Esta proposta enmárcase na iniciativa “Vila do Libro”, un proxecto que goza dun gran éxito na comunidade catalá baixo o nome de “Vila del Llibre y la Xarxa”. Coa incorporación da primeira vila galega, a intención é crear unha rede de poboacións propia. O alcalde, Bernardo Fernández Piñeiro, expuxo na presentación que “Pontedeume converterase polo tanto nun referente cultural a nivel galego” e que “a nosa vila suma así unha nova cita cultural de referencia, da que gozarán tanto a veciñanza eumesa como aqueles que nos visitan”.


A organización do festival traballa en conxunto co Concello de Pontedeume para a formulación dun programa protagonizado polo libro e as actividades relacionadas con este. As reunións das entidades implicadas para a disposición dos preparativos  e todos os detalles veñen celebrándose dende o mes de marzo. Alejandra Bellón, concelleira de Cultura, avisou da diferenza do evento con outros do mesmo tipo, xa que “vai máis aló da literatura en si, buscando potenciar todo tipo de manifestacións artísticas, transformación de espazos, ademais de implicar ás asociacións e comercios locais”. 

“Pontedeume, Vila do Libro” saca cartel para anunciar esta iniciativa pioneira en Galicia

Te puede interesar