A primeira Foliada Libre pretende instaurar a tradición no Cuerda Floja

O local propón convocar o encontro un xoves ao mes despois desta estrea
A primeira Foliada Libre pretende instaurar a tradición no Cuerda Floja
Un dos eventos culturais organizados no local, neste caso na Semana da Poesía Salvaxe | DANIEL ALEXANDRE

O local do Cuerda Floja, localizado na rúa Espartero, saca o cartel da primeira Foliada Libre planificada para esta mesma noite de xoves, a partir das 20.30 horas.

 

Dende a organización establecen os únicos requisitos de calquera repichoca: levar a “cacharrada musical” propia e “moitas ganas de bailar”, para facer deste encontro unha cita mensual, coincidindo sempre en xoves, coa que lembrar a tradición da mellor maneira, “troulear e gozar en boa compañía”.

A primeira Foliada Libre pretende instaurar a tradición no Cuerda Floja

Te puede interesar