O salón de actos Concepción Arenal do Campus acolleu onte a primeira Xornada de Enfermaría Laboral “Saúde no traballo: seguridade e benestar”, que reuniu a máis de 120 participantes.
Na inauguración do encontro estiveron presentes a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas; a presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña, Inés López Carral; a decana da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Emma Rodríguez Maseda, e o director de Recursos Humanos de Navantia Ría de Ferrol, Manuel Freire López.
A fin da xornada é dar a coñecer o papel da enfermaría na súa especialidade de aplicación ao traballo, non só a este sector, senón ao resto de profesionais que colaboran con estes especialistas nos servizos de prevención.