Reggae, pizza e mercado artesán nun contorno único

Los Piratas de Loiba propoñen dous días de lecer con tributo a Bob Marley e unha sesión de soundsystem
Reggae, pizza e mercado artesán nun contorno único
O espazo será a zona da praia do Picón, en Loiba, no concello de Ortigueira | CEDIDA

O chiringuito Los Piratas de Loiba presenta a súa proposta de dúas xornadas festivas ás que chaman “Reggae ‘N’ Loiba. Pizza & Market”. A primeira sesión terá lugar este venres, ás 22.30 horas, co concerto en directo de Aianai, que ofrecerá o seu tributo a Bob Marley.

 

O encontro continuará o sábado, nesta ocasión a partir das 12.30 horas con Kings Tribute, que achegará a súa auténtica soundsystem para continuar coa difusión da cultura reggae. Ademais, durante todo o día poderase visitar o mercado de artesanía que se instalará na contorna da praia do Picón, na parroquia de Loiba.

Reggae, pizza e mercado artesán nun contorno único

Te puede interesar