A segunda Feira do Voluntariado abrirá o venres a carpa da praza de Armas

A segunda Feira do Voluntariado abrirá o venres a carpa da praza de Armas
A feira celebrouse por primeira vez o Nadal pasado | aec-j.m.

Cerca dunha trintena de entidades sociais que desenvolven o seu traballo na cidade e na comarca participarán na II Feira do Voluntariado, que se levará a cabo este venres e coa que se abrirá a carpa navideña da praza de Armas. Estarán cos seus postos informativos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e tamén desenvolverán algunhas das actividades do programa.
 

Affinor encargarase dun obradoiro de diversidade creativa sustentable, previsto para as doce do mediodía. Unha hora despois, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra dará unha charla sobre as barreiras comunicativas coas que se atopan as persoas con problemas de audición. Pola tarde, desde as cinco, a Fundación Secretariado Gitano desenvolverá un taller de marcapáxinas. Ás seis toma o relevo a asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, cunha exhibición do obradoiro de lá.
 

Durante todo o día poderase gozar con realidade virtual, xogos e unha “escape room”, grazas a Mobilidade Humana; coa iniciativa “Senta e sente”, da ASCM; un mural crebacabezas de Alcer; a exhibición de vehículos de Protección Civil; e un estudo de podcasting e de xogos para a mocidade deseñados desde Xeración.
Na carpa estará presente o Concello a través do stand da Oficina de Voluntariado. Tamén se reserva un espazo para as diferentes actividades. O Banco de Alimentos Rías Altas, Balrial, pola súa banda, terá caixas para recoller produtos non perecedoiros que despois reparten entre as entidades sociais para facer chegar comida aos máis necesitados. Logo da Gran Recollida física da fin de semana, aínda se poden facer doazóns, en caixa, en supermercados e a través da súa web.
 

As entidades participantes son ACCU, Cáritas, Asotrame, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Saúde Mental, Cocina Económica, ADRA, Xeración, Cruz Roja, Secretariado Gitano, Balrial, Asarga, Affinor, AECC, Vida Activa, Asociación de Persoas Xordas, Celíacos de Galicia, Manos Unidas, Mobilidade Humana, Famyc, ASCM, Alcer, Acción Familiar, Aspaneps, Cogami e Protección Civil de Ferrol.

A segunda Feira do Voluntariado abrirá o venres a carpa da praza de Armas

Te puede interesar