Supervisan as obras de mellora que a Xunta executou no centro de saúde de Monfero

Supervisan as obras de mellora que a Xunta executou no centro de saúde de Monfero
Na imaxe, un momento da visita, onte, ao centro de saúde monferino | cedida

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, acompañada do xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, visitaron onte o centro de saúde de Monfero, onde puido comprobar o resultado das obras de aconcionamento executadas las instalacións sanitarias en base a un convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello local.
 

Os traballos, cun custo que ascendeu a preto de 33.000 euros e que foron asumidos ao 50% entre ambas administracións, comprenderon o pintado exterior e interior e a limpeza das fachadas de pedra do edificio. Ademais procedeuse á substitución da instalación de fontanería e a reparación dos falsos teitos deteriorados, como se informou desde a Xunta. Na visita, Martina Aneiros puxo en valor estas actuacións “que non so redundan na mellora da atención aos veciños, senón nas condicións nas que o persoal do centro desenvolve o seu traballo”, como salientan desde a administración autonómica. 
 

Aneiros e Facio destacaron tamén a incorporación o pasado mes de novembro dunha nova facultativa ao centro de saúde. Esta profesional obtivo a súa praza en propiedade no centro de saúde de Monfero a través dun concurso de méritos extraordinario que a Xunta de Galicia puxo en marcha este ano para dotar de profesionais estables a 106 prazas de difícil cobertura na atención primaria galega. 
 

O éxito desta experiencia este ano, que permitiu cubrir prazas como a de Monfero que quedaban vacantes nas ofertas públicas de emprego ou concursos de traslados, levou ao goberno galego a impulsar unha nova Lei que permitirá seguir estendendo este sistema de cobertura sen oposición a máis prazas de difícil cobertura na medicina de familia, na pediatría de atención primaria ou nos servizos de saúde mental, aseguran desde a Xunta.

Supervisan as obras de mellora que a Xunta executou no centro de saúde de Monfero

Te puede interesar