Experiencias e casos prácticos de inserción laboral centraron a xornada desenvolvida onte na Facultade de Ciencias do Traballo do campus de Ferrol dirixida a estudantes. Organizada pola área de emprego da Universidade da Coruña, dentro do Programa de Mellora da Empregabilidade, participaron responsables do Departamento de Recursos Humanos de empresas para expoñer a súa experiencia e consellos para enfrontarse a un proceso de selección. Interviron tamén na cita persoas emprendedoras que achegaron a súa experiencia directa así como entidades que impulsan esta modalidade de inserción laboral.
Resposnables de empresas como Reganosa ou Navantia, así como do GALP Golfo-Ártabro Norte-Grupo Acción Local Sector Pesqueiro ou da sociedade Teimas Desenvolvemento, achegaron así aos asistentes estratexias para enfrontarse aos procesos de selección así como as súas necesidades en canto ao emprego se refire.
Módulos
O Programa da Mellora da Empregabilidade, que este curso académico chega á súa terceira edición, consta de tres módulos nos que se abordan, ademais da cuestión central de onte, a posta en práctica dunha idea empresarial e moitos outros temas de orientación laboral.