A noite “punkarra” do sábado no Bar Queiro volve sortear un xamón entre concertos

As bandas Morgen e Less Fortunate Songs serán as protagonistas deste evento en Mañón
A noite “punkarra” do sábado no Bar Queiro volve sortear un xamón entre concertos
O establecemento atópase na rúa Manuel Cora | D. ALEXANDRE

Este sábado, dúas agrupacións coruñesas subirán ao escenario do Bar Queiro, no Barqueiro, para poñer banda sonora á gran Noite de Punk-Rock. As protagonistas serán Morgen, en escena dende o 2008, e Less Fortunate Songs, que contan con 15 anos de traxectoria.


Ambas bandas son representativas da confluencia entre o punk-rock e o hardcore, polo que o público pode agardar unha velada explosiva dende a apertura de portas, ás 22.33 horas. Less Fortunate Songs comezará ás 23.04 e Morgen ás 00.59. No descanso, como en cada concerto, sortearase un xamón.


Os primeiros en actuar acumulan xa tres discos cunha potente crítica social nas súas letras e actualmente están a preparar o cuarto traballo para este ano. Morgen soará polos  discos “Restart” e “Agony”, ademais de por ter compartido escenario con grandes como Porco Bravo, Estricalla, Reincidentes, Mute, Stick to Your Guns, Sôber e Koma. As entradas, limitadas a 120 persoas, custan 10 euros anticipadas e 12 na billeteira

A noite “punkarra” do sábado no Bar Queiro volve sortear un xamón entre concertos

Te puede interesar