Desacougo

A  poboación mundial está estimada na actualidade entre sete e oito mil millóns de habitantes. Unha distribución por continentes, podería ser como sigue:
 

-Africa: 1350 Millóns
-América: 1050 Millóns
-Asia: 4650 Millóns
-Europa: 450 Millóns
-Oceanía: 50 Millóns
As cifras son aproximadas como non pode ser doutro xeito
 

Ante a situación provocada pola guerra de Rusia contra Ucrania, estase a falar, cada vez máis, dunha terceira guerra mundial. Do que non se fala moito é das súas consecuencias. En principio estes son os principais contendentes, sen dúbida axudados por Asia e por EEUU-OTAN respectivamente. Aínda que non sei o que farían o resto dos países en caso de xeneralizarse o conflito, non é de tolos pensar que podería converterse nunha guerra entre continentes, Europa e America contra Asia con resultados devastadores para o planeta terra. Oriente contra occidente nunha globalización total con desvantaxe clara para occidente.
 

Está por ver o que farían Xapón e a India, Africa, América do Sur e Oceanía. ¿Van ficar de brazos cruzados mentres os principais protagonistas destrúen o mundo? E moito o que está en xogo polo que estes países, en principio non belixerantes, deben poñer os medios necesarios para evitar un conflagración mundial que afectaría a todos. O resultado podería ser definitivamente, como xa teño dito aquí, o final da humanidade. Hai que darlle todas as oportunidades á paz, e para elo , o primeiro e imprescindible paso é prohibir a entrega de armas tanto a unha parte como a outra.
 

En outro orden de cousas, teño que dicir que non é certo todo o que nos contan os medios de comunicación. Todo depende da cor do cristal con que se mira, como dicía Don Ramón de Campoamor (1817-1901).
 

Por certo, a pesares da gravidade da situación, tampouco vexo moita preocupación, e debería de habela, nin na xente nin nos medios, ante algo tan transcendental, tan serio e tan desacougante.
 

As guerras están nos xenes da humanidade dende o principio dos tempos. Erradicalas é practicamente imposible. Para combatelas, fai falta moito sentido común e moita educación para un cambio de mentalidade que debe comenzar necesariamente na infancia.

Desacougo

Te puede interesar